Saltar ao contido principal

ESPERANDO A GODOT  "Samuel Beckett"


Hoxe veño cun novo post sobre a famosa obra de teatro titulada "Esperando a Godot" de Samuel Becket. Nesta nova entrada podedes atopar tanto unha interpretación persoal da obra coma datos interesantes que vos poden servir de axuda antes de comezar a ler esta fermosa obra. Comezamos...

Samuel Barclay Beckett é un dramaturgo, novelista, crítico e poeta irlandés e un dos representantes máis importantes do experimentalismo literario do século XX no modernismo anglosaxón. Foi figura clave do chamado teatro do absurdo e, como tal, un dos escritores máis influentes do seu tempo. Escribiu os seus libros en inglés e francés, e foi asistente do novelista James Joyce. A súa obra máis coñecida é o drama Esperando a  Godot.
Samuel  Beckett naceu en Foxrock, un barrio residencial de Dublín, o 13 de abril de 1906. Tamén se apuntou que a data podería ser o 13 de maio.




A súa obra é fundamentalmente sombría e tendente ao minimalismo e, de acordo con certas interpretacións, profundamente pesimista acerca da condición humana. Desta forma, co tempo, os seus libros fixéronse progresivamente máis breves. O seu pesimismo vén, temperado por un particular sentido do humor.

A obra deste autor estúdase principalmente dende o punto de vista da literatura e o teatro, pero tamén da filosofía, a psicanálise, a  traductología, a música e os medios audiovisuais.
O xénero literario que cultivou, tal e como dixen anteriormente foi o modernismo anglosaxón.

Algunhas das obras máis importantes que escribiu Beckett foron:
What is the world: Beckett tamén publicou obras de poesía como esta datada en 1989
Os días felices: escrita en inglés e despois traducida ó francés por Beckett no ano 1960
Final da partida: obra que pertence ao xénero de teatro, que foi o máis cultivado por este autor
A última cinta de Krapp: escrita en inglés e adaptada ao francés por Beckett no 1958.
……

                                ESPERANDO A GODOT:


Esta obra pertence ao teatro do absurdo e xira arredor de dous personaxes que están esperando a Godot. Eles nin sequera saben quen é Godot, nin porque o están esperando, pero teñen moi claro que o teñen que esperar o tempo que faga falta porque vai ser quen lles vai arranxar os seus problemas. Ao longo da obra, o único que atopamos son diálogos entre os personaxes os cales explicaremos despois máis detalladamente.

O que fai especial esta obra son os simbolismos que podemos atopar nela. Pode ter moitas interpretacións depende da persona lectora, así como o final da obra, o cal é un final aberto e hai que buscarlle a nosa propia interpretación do que pasou.

Como é unha obra pertencente ao existencialismo e ao teatro do absurdo ten unha visión diferente segundo o tipo de lector que o faga.

Ao contrario que a maioría das súas obras de teatro, que acostuman ter tres actos, Buscando a Godot conta nada máis e nada menos con dous actos. Tamén conta con unha repetición de personaxes.

Só exixten 5 personaxes:

  • Vladimir e Estragón: Eles son os personaxes principais e ao redor dos cales se desenvolve a acción. A medida que avanza a obra podemos observar que son o un para o outro. Estragón é o que menos paciencia ten e repite en varias ocasións que é mellor marchar porque Godot non vai chegar, pero ao final, nunca marcha porque non pode deixar a Vladimir só. Tamén inflúe neles a soidade. Non teñen a máis persoas que o un ao outro e esa é a razón pola cal non poden separarse.

  • Pozo e o seu esclavo Lucky: Estes dous personaxes aparecen para non facer a obra tan pesada e así ter máis temas que tratar nela. Pozo é o amo de Lucky e trátao mal ata o punto de levalo atado por unha corda como se fora un can. Na última parte da obra, cando Pozo queda cego e Lucky mudo, podemos observar un pouco de compaixón por parte do amo hacia o seu esclavo, cousa que antes non pasaba.
  • Os dous mozos que lles comunicna as mensaxes de Godot.
 
ACTO I

A obra comeza co encontro entre os protagonistas chamados Vladimir e Estragón ou tamén chamados entre eles Godo e Didi. Atopanse no medio dun camino xa que os dous tiñan algo en común, estaban agardando a Godot, un persoaxe que nunca chega. Mentres que o esperan comezan a falar de diversas cousas como a Biblia e máis cousas ata chegar á proposición por parte de Estragón de aforcarse xuntos na árbore que tiñan ao seu carón, pero finalmente non o fan porque o motivo polo que están alí é para agardar a Godot e non acabar coas súas vidas.
Uns intres depois entran en escea Pozzo e Lucky. Pozzo era o amo de Lucky e tratábao tan mal ata o punto de levalo preso cunha correa semellando que para él era o seu can. Ao principio Vladimir e Estragón pensaban que se trataba de Godot e de que porfín chegara pero despois de falar un anaco con eles, déronse conta de que non era Godot. Pozzo, algo enfadado, coméntalles que estaban no medio da súa propiedade pero eles, para defenderse dinlle que o camiño non é propiedade de ninguén. Pozzo quedouse con eles e púxose a comer mentres que Vladimir e Estragón observaban que Lucky tiña feridas graves que parecían feitas por Pozzo e comezaron a criticalo polo que facía. Gogo quería irse xa que se sentía incómodo coa presencia de Pozzo pero Didi recordoulle o motivo polo que estaban ahí e finalmente quedaron. Como Pozzo quere entretelos, ordenalle a Lucky que pensé e que baile, entón Lucky pon o chapeu que levaba con él dende o principio.  Despois disto, Pozzo e Lucky marchan.
Cando están a piques de marchar porque Estragón volve propoñer abandoar aquel lugar, aparece un rapaz que traía una mensaxe de Godot que dicía que esa noite non irá pero que máñá seguramente si que o faga.


ACTO II

Ao día seguinte, os dous persoaxes protagonistas volven a atoparse e comezan outra vez a esperar a Godot os dous xuntos. De súpeto fíxanse na árbore e decátanse de que o sauce onte estaba seco e sen follas e hoxe tiña moitisimas follas e estaba máis vivo que nunca. Comezan a falar dese tema e a preguntarse como é iso posible. Outra cousa curiosa que lles pasou foi que Estragón non recorda moitas das cousas que pasou o día anterior, incluso tiña una ferida na perna a cal non sabía como a fixera. Vladimir tenta recordarlle tódolos sucesos vividos onte cando de súpeto Estagón sae correndo e volve dicindo que veñen pero non sabe quen ven nin cantos veñen, entón tras uns intres de non saber que facer quédanse no camiño pero finalmente non ven ninguén.
Uns momentos despois, entra na escea Lucky e cae debido a que veu empuxando a Pozzo o cal non paraba de pedir axuda.  Gogo e Didi toman a iniciativa de axudalo pero Vladimir pide vinte pesetas a cambio pero él cae tamén. Estragón di que vai marchar pero antes intenta levantar a Vladimir posto que prometeron marchar xuntos. Estragón cae tamén. Finalmente danse levantado e axudan tamén a Pozzo aínda que dubidaban si facelo ou non. Pozzo pregunta se son amigos ou bansoleiros e decátanse de que está cego. Pozzo pregunta por Lucky pero non saben onde está. Finalmente atopan a Lucky  o axudan a levantarse pero antes de irse Vladimir e Estragón dinlle a Pozzo que lle ordene a Lucky que cante pero él responde que é mudo e marchan. Eles quédanse pensando se Pozzo podería ser Godot cando de súpeto aparece outro rapaz que pensaban que era o de onte pero él afirmou que era a primeira vez que ía alí. O rapaz trae una mensaxe de Godot; él non irá esa noite pero mañá si.
Vladimir e Estragón pensan en aforcarse pero non teñen como facelo.





VALORACIÓN PERSONAL:
Baixo o meu punto de vista, Buscando a Godot é unha obra na que o lector ten que estar con máxima concentración ao ler a obra xa que como mencionamos anteriormente, pertence ao teatro do absurdo. En moitas ocasións tiña que volver ler os diálogos para entender mellor o que estaba pasando, porque ao fin e ao cabo, nesa obra é o único que pasa, diálogos, diálogos sen sentido e esperando algo que non ía chegar nunca. Despois de ler a obra por completo e darlle voltas na miña cabeza para poder crear os meus propios simbolismos acerca dela, esta é a miña conclusión:
Todas as persoas nalgún ou en varios momentos das nosas vidas esperamos; esperamos algo que cremos que nos vai arranxar os problemas, e se esperamos é porque queremos facelo, pero en realidade, nós non temos porque esperar cousas que non nos chegan nin que non nos chegarán xamáis.
Agora vamos coa gran pregunta: Quen é Godot? Quen é esa persona que lles vai arranxar os problemas e tanto esperan?
Pois verdadeiramente, creo que Godot non é ninguén, Godot non é ningunha persona, senón que é a esperanza. A esperanza que tiñan os personaxes por pensar que todo vai ir mellor e que todo se arranxará, que as súas vidas van ser moito mellores cando chegue Godot, pero Godot non chega nunca.
Esta é a miña explicación sobre a obra Buscando a Godot, agora tócavos a vós!!
Gustaríame deixarvos aquí una frase moi inspiradora e con moito significado, ao igual que a obra en xeral, plagada de simbolismos:
"As lágrimas do mundo son inmutábeis, por cada un que comeza a chorar, noutra parte hai outro que deixa de facelo"


Esta frase son palabras que lle di Pozzo a Estragón cando él pensaba que non podería volver a camiñar debido á ferida da perna que tiña ao descuberto e posto que non paraba de sangrar e chorar.

Por último pero non menos importante déixovos este video que espero que paga a pena. Este video pertence ao trailer da obra de teatro de Esperando a Godot. Unha vez que leades a obra, esta representación da realidade é magnífica.





 
                   



Comentarios

Publicacións populares deste blog

A METAMORFOSE "Franz Kafka" Hoxe veño falar dunha obra moi popular e coñecida dun autor chamado Fanz Kafka. A obra da que me estou a referir titúlase A metamorfose Primeiramente gustaríame poñervos en contexto e falarvos un pouco achega deste autor; Franz Kafka foi un escritor xudeu de orixe checa. Naceu en Praga en 1883 non sé dunha familia de clase media. Considerada unha dás figuras crave dá literatura moderna, ou seu legado literario reflicte as preocupacións do home contemporáneo: a soidade, a frustración ou a alienación son só algúns dous temas que discorren a súa obra. Kafka escribiu tres novelas: O proceso (1925) O Castelo (1926) América (1927) , una novela curta A metamorfose (1915) E varias parábolas e relatos curtos... Kafka viviu durante a primeira metade do século XX, unha das etapas máis duras da historia, que destaca polos grandes cambios que se produciron en tódolos niveis (político, social, económico, i
PARA SER UN ALUMNO OU ALUMNA HOXE... A receita para ser un alumno ou alumna hoxe en día básease na confianza en sí mesmo e só son necesarios os seguintes ingredientes:   INGREDIENTES: 500 g de convivencia 250 g de compañeirismo 400 g de atención 1/2 l de paciencia 250 g de respecto 1 l de empatía   ELABORACIÓN: O primeiro paso desta receita consiste en mesturar os 500 g de convivencia e os 250 g de compañeirismo ata que quede una masa homoxénea e así poder introducilos nun recipiente para aplicalos posteriormente ao alumno. A continuación engadimos pouco a pouco o 1/2 l de paciencia e o l de empatía. É moi importante engadir os ingredientes pouco a pouco para que así o alumno poida distinguilos e telos presentes a cada un deles en todo momento. Deixamos repousar a masa durante 1 hora e por último engadimos os 400 g de atención e os 250 g de respecto para que a masa estea recén sacada do forno e así se aplique máis doadamente e con maior eficacia. Con todo isto bastaría,