Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2020
ESPERANDO A GODOT  "Samuel Beckett" Hoxe veño cun novo post sobre a famosa obra de teatro titulada " Esperando a Godot " de Samuel Becket. Nesta nova entrada podedes atopar tanto unha interpretación persoal da obra coma datos interesantes que vos poden servir de axuda antes de comezar a ler esta fermosa obra. Comezamos... Samuel Barclay Beckett é un dramaturgo, novelista, crítico e poeta irlandés e un dos representantes máis importantes do experimentalismo literario do século XX no modernismo anglosaxón. Foi figura clave do chamado teatro do absurdo e, como tal, un dos escritores máis influentes do seu tempo. Escribiu os seus libros en inglés e francés, e foi asistente do novelista James Joyce. A súa obra máis coñecida é o drama Esperando a  Godot . Samuel  Beckett naceu en Foxrock, un barrio residencial de Dublín, o 13 de abril de 1906. Tamén se apuntou que a data podería ser o 13 de maio. A súa obra é fundamentalmente sombría e tendente a