PARA SER UN ALUMNO OU ALUMNA HOXE...
A receita para ser un alumno ou alumna hoxe en día básease na confianza en sí mesmo e só son necesarios os seguintes ingredientes:
INGREDIENTES:
500 g de convivencia
250 g de compañeirismo
400 g de atención
1/2 l de paciencia
250 g de respecto
1 l de empatía
ELABORACIÓN:
O primeiro paso desta receita consiste en mesturar os 500 g de convivencia e os 250 g de compañeirismo ata que quede una masa homoxénea e así poder introducilos nun recipiente para aplicalos posteriormente ao alumno. A continuación engadimos pouco a pouco o 1/2 l de paciencia e o l de empatía. É moi importante engadir os ingredientes pouco a pouco para que así o alumno poida distinguilos e telos presentes a cada un deles en todo momento. Deixamos repousar a masa durante 1 hora e por último engadimos os 400 g de atención e os 250 g de respecto para que a masa estea recén sacada do forno e así se aplique máis doadamente e con maior eficacia.
Con todo isto bastaría, e agora, a gozar das horas lectivas!!
"A educación é algo admirable, pero está ben recordar de vez en cando que nada que mereza a pena saber pode ser ensinado" Oscar Wilde
"A maior sabiduría é coñecerse a un mesmo" Galileo Galilei
REFERENCIAS:
Oscar Wilde Para coñecer un pouco máis acerca da súa vida.
Comentarios
Publicar un comentario